miércoles, 30 de octubre de 2013

Benvid@s

Neste outono botamos a andar o Club de Lectura do IES Ánxel Fole e con el este blog para renderlle a nosa pequena homenaxe a quen nos dá nome. Imoslle chamar Á LUS DO CANDIL, non porque queiramos ler ás agachadas, como o pequeno da nosa foto de perfil, senón porque temos moito conto e moitos contos para descubrir, ler, narrar... Por eso iniciamos a nosa andaina lendo uns textos desta obra de don Ánxel Fole.

No hay comentarios:

Publicar un comentario